QuantumBros
A downloadable game

Presentamos Quantum Bros, un xogo de plataformas baseado non só na física cuántica senón tamén na computación cuántica.
Podes moverte e saltar (hai dobre salto) coas frechas ou co as teclas wasd (tamén se pode saltar con espacio). Presionando escape volves ao menú de inicio.
O protagonista de cada nivel é un qubit que debe chegar ao final do nivel antes de que remate o seu tempo de coherencia. Polo camiño, ademais de saltar e esquivar obstáculos, poderá tocar bloques X (NOT) , H (Hadamard) e bloques de medida.
Cada bloque actúa como a porta á que representa:
-O bloque X cambia o qubit do estado 0 ao estado 1 e viceversa.
-O bloque H pon o qubit en superposición ou devólveo ao estado orixinal (se se volve tocar).
-O bloque de medida mide o qubit. Se está en estado 0 ou en 1 queda así e se está en superposición lévao a un dos dous cun 50% de posibilidades.
O qubit en estado 0 móvese polo chan, mentres que o qubit en estado 1 móvese polo teito. Moitas veces será necesario utilizar as portas cuánticas e as medidas para avanzar nos niveis, hai que pensar!
Tamén hai algún portal que representa o efecto túnel, se o tocas podes aparecer no seguinte portal con certa probabilidade.
Ademais, ao pasarse o xogo completo (non é moi largo, uns 5 minutos) aparecerán todas as portas que aplicastes a cada qubit polo camiño (cada nivel representa un qubit diferente).
Despois aparecerá o circuito cuántico reducido (simplificando as portas que se poidan simplificar) debuxado con qiskit así como as contas que salerían ao medilo simuladas con qiskit-aer.
O xogo foi escrito íntegramente en python, sen motores gráficos (empregando a librería pygame) e os debuxos foron feitos por nós, o único material non orixinal é á música de fondo: “Everything feels new” de Evgeny Bardyuzha, sacada do repositorio libre pixabay.
Para xogar podes simplemente executar o arquivo .exe, pero tamén compilar o código incluido no zip.

Leave a comment
Log in with itch.io to leave a comment.